Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.
Benvidos á páxina de Artesania de Galicia.
Debido ás pautas artísticas deste portal, a maioría dos contidos son eminentemente gráficos, e
o uso de navegadores non gráficos pode causar que non todas as seccións sean accesibles.
Independentemente desde punto, facilitamos a continuacion o acceso ás principais seccións informativas:
Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.
Trámites e Procedementos
Desenvolver e fortalecer a creatividade e o tecido empresarial da artesanía en Galiza é unha das prioridades da Dirección Xeral de Comercio. Con esta pretensión nace a marca Artesanía de Galicia, para construír un sector sólido que goce dunha imaxe prestixiada no mercado, e que represente a todos os profesionais que se dedican a esta actividade en Galiza. Para que a marca englobe a todos os profesionais, estes deben estar inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia. Nesta sección facilítaselles a todos os interesados a información necesaria para realizar todos estes trámites.
A marca Artesanía de Galicia é a carta de presentación dos profesionais galegos. Representa a autenticidade do seu traballo, a procedencia dos seus produtos e a metodoloxía de elaboración, ao tempo que garante a súa calidade dentro e fóra do país. Artesanía de Galicia é un conxunto de pezas únicas e xenuínas. É unha etiqueta de prestixio nos mercados internacionais, un símbolo da convivencia entre a tradición e a vangarda, unha demostración de que os produtos con identidade teñen cabida nos foros internacionais da artesanía e do deseño contemporáneo.
O Rexistro Xeral de Artesanía permítelle aos artesáns inscritos gozar de todas as actuacións que desenvolve a Dirección Xeral de Comercio relacionadas co sector: as liñas de axudas, a internacionalización a través da asistencia a feiras profesionais baixo o stand da marca Artesanía de Galicia, a promoción dos obradoiros a través de directorios e outras publicacións ou a través desta mesma páxina web, ou mesmo a oferta de cursos de formación está dirixida aos profesionais rexistrados.