Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.

 
  
  

  
Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.
  
  Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria
A artesanía hoxe

Na actualidade, a artesanía é un sector efervescente en Galiza. Está formado por un amplo abano de oficios nos que se combina a recuperación da tradición co desenvolvemento dun sector produtivo moderno e competitivo, que está a gañar presenza e prestixio tanto nos mercados coma na propia sociedade. A Consellaría de Innovación e Industria – a través da Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño – está a deseñar liñas de actuación que contribúan a consolidar o sector artesanal galego. Unha destas accións é a creación da marca Artesanía de Galicia, un sinal de identidade que unifique as actividades artesáns galegas baixo unha imaxe corporativa facilmente identificable para os consumidores.
 
Outra liña de actuación é a de regularizar o oficio artesán galego. Con este obxectivo elaborouse a Lei de Artesanía de Galicia, na que se promoven iniciativas como a creación dunha rede de obradoiros cualificados ou a sectorización dos artesáns, a través dunha listaxe regrada na Sección de Actividades Artesás do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, que a Consellaría creou, a proposta da Comisión Galega de Artesanía. Ademais destas actuacións, a Dirección Xeral de Comercio está a poñer en marcha outras accións que teñen como obxectivo difundir e revitalizar a artesanía como sector económico de peso, especialmente no rural, que conta cun potencial artesán moi importante. Algúns exemplos destas accións son as axudas a artesáns e a asociacións profesionais que convoca a dirección xeral, a súa colaboración na organización de feiras especializadas tanto dentro como fóra de Galiza ou a elaboración de campañas de promoción da artesanía galega.

     aviso legal | accesibilidade