Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.
Benvidos á páxina de Artesania de Galicia.
Debido ás pautas artísticas deste portal, a maioría dos contidos son eminentemente gráficos, e
o uso de navegadores non gráficos pode causar que non todas as seccións sean accesibles.
Independentemente desde punto, facilitamos a continuacion o acceso ás principais seccións informativas:
A tecelá Anna Champeney e o cesteiro Lluis Grau ofrecen unha modalidade de turismo moi pouco habitual en Galiza. Dende a cerna da Ribeira Sacra ourensá, na parroquia de Cristosende (A Teixeira), combinan a actividade artesá no seu obradoiro coa xestión dunha pequena casa rural na que a estancia pode ir acompañada dun breve curso de formación relacionado con algunha destas dúas artesanías. A casa dos artesáns é unha iniciativa pioneira no noso país coa que se tenta fomentar un turismo creativo baseado na artesanía.
“Nestes tempos de présas, nos que a vida cada vez é máis virtual, a artesanía ofrece un xeito de relaxarse, de experimentar, de conectar coa natureza e coa cultura dunha zona. Ofrece algo tanxible, real, útil e de grande beleza. Elaborar un cesto ou realizar unha peza a través do tecido artesanal é unha experiencia inesquecible”, explica a artesá.