Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.

 
  
  

  
Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.
  
  Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria
 
A Marca
 

No ano 2001 entrou en vigor a orde que regula o procedemento para conceder, utilizar e controlar a marca Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia. Grazas a esta marca, a artesanía galega conta agora cun sinal de identidade propia co que poder ofrecer unha imaxe harmónica, coordinada e representativa dos produtos artesanais galegos en todos os mercados, que sirva tamén como garantía de calidade para os consumidores.

No ano 2007, decidiuse renovar a identidade gráfica desta marca, coa intención de que ese cambio simbolizase tamén o comezo dunha nova etapa para a artesanía galega, na que a innovación e o deseño habían ter un papel fundamental. O encargado de renovar a imaxe de Artesanía de Galicia foi Xil Rodríguez, que xa se encargara do deseño anterior.

O símbolo de Artesanía de Galicia está inspirado nos petróglifos galegos. Está feito mediante círculos concéntricos que representan o conxunto dos oficios artesanais que se poden recoller na marca.

No símbolo apréciase tamén unha figura antropomórfica que, cos seus brazos abertos e portando un obxecto destacado en cor azul, suxire actividade manual e dinamismo.

O símbolo, o logotipo e as cores corporativas son os elementos básicos do sinal de identidade de Artesanía de Galicia. O xeito de presentación da marca e as posibles versións que máis se axeiten ao seu uso, están reguladas tamén nesta orde.


Os artesáns e os puntos de venda de artesanía que estean interesados en solicitar a marca Artesanía de Galicia poden obter máis información sobre os trámites e sobre a lexislación que regula o uso da marca, nesta páxina web.



     aviso legal | accesibilidade