Galego | Castellano
10 / Setembro / 2010
catálogos en liña
Actualidade
Artesáns
Documentación
Rutas e mapas

NOVAS

ampliar + Javier Guerra salienta a alta calidade da xoiería galega na inauguración da exposición "Tesouros Privados"

Javier Guerra salienta a alta calidade da xoiería galega na inauguración da exposición "Tesouros Privados" 09-09-2010

Ampliar + Javier Guerra salienta a alta calidade da xoiería galega na inauguración da exposición "Tesouros Privados"

O conselleiro de Economía e Industria explicou que a exhibición dos oficios e das pezas artesanais é fundamental tanto para achegar artesanía e sociedade como para impulsar a súa introdución nos diferentes mercados.

O obxectivo principal da mostra é acadar o recoñecemento do valor engadido que posúen as pezas "pensadas, deseñadas e fabricadas en Galicia", pezas e deseños amparados á súa vez pola marca Artesanía de Galicia, como símbolo de calidade e de prestixio.

ampliar + Galicia promociona a súa artesanía na feira Maison & Object de París

Galicia promociona a súa artesanía na feira Maison & Object de París 07-09-2010

Ampliar + Galicia promociona a súa artesanía na feira Maison & Object de París

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, visitou este encontro profesional que se celebra entre o 3 e o 7 de setembro e no que participan cinco artesáns galegos baixo a imaxe da marca Artesanía de Galicia.

A Consellería de Economía e Industria continúa coa promoción da marca Artesanía de Galicia no ámbito internacional grazas a un calendario de feiras de recoñecido prestixio para levar o produto artesán galego a diferentes mercados.

ampliar + Artesanía de Galicia participa na feira profesional Tendence de Frankfurt

Artesanía de Galicia participa na feira profesional Tendence de Frankfurt 30-08-2010

Ampliar + Artesanía de Galicia participa na feira profesional Tendence de Frankfurt

A Consellería de Economía e Industria impulsa, por terceiro ano consecutivo, a presenza do produto artesán galego e da marca Artesanía de Galicia a través do stand institucional no que viaxan sete artesáns.

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, achegouse ata Frankfurt para acompañar os artesáns galegos neste encontro internacional, que se celebra do 27 ao 31 de agosto.

ampliar + Artesanía de Galicia abre o prazo de inscrición para asistir a feiras internacionais co stand institucional

Artesanía de Galicia abre o prazo de inscrición para asistir a feiras internacionais co stand institucional 25-08-2010

Ampliar + Artesanía de Galicia abre o prazo de inscrición para asistir a feiras internacionais co stand institucional

A Consellería de Economía e Industria aposta pola introdución do produto artesán galego nos mercados de fóra de Galicia, para o que pon á disposición dos artesáns profesionais o stand institucional da marca nos principais mercados que se celebran en Europa en materia de artesanía, decoración e deseño.

Os destinatarios son obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía, que teñan concedido o uso da marca Artesanía de Galicia, e deberán enviar as súas solicitudes a través da páxina web www.artesaniadegalicia.org antes do 15 de setembro.

Localizador de artesáns
BUSCADOR AVANZADO
mes anterior
Setembro de 2010
mes seguinte
Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
L M M X V S D
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30    
ir á páxina de inicio Artesanía de Galicia