Galego | Castellano
10 / Setembro / 2010
catálogos en liña
Actualidade
Artesáns
Documentación
Rutas e mapas

NOVAS

A directora xeral de Comercio resalta as amplas posibilidades da carpintería de ribeira no futuro do naval galego 22-07-2010

Nava Castro visitando o barco

Nava Castro participou no acto de botadura do "Novo Irmáns González", unha embarcación auxiliar de acuicultura realizada nun obradoiro artesán de Boiro a través da combinación dos procesos artesanais tradicionais e da aplicación das novas tecnoloxías.

A carpintería de ribeira é unha actividade artesanal clave para o mantemento e a recuperación das embarcacións tradicionais, así coma no desenvolvemento dun sector con excelentes perspectivas de futuro grazas ás novas tecnoloxías e aos novos usos. Así o sinalou a directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, durante o acto de botadura dunha nova embarcación elaborada polo obradoiro artesán Asteleiros Triñanes, de Boiro. No acto, estivo acompañada pola xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro.

O "Novo Irmáns González" é unha embarcación auxiliar de acuicultura, de 20 metros de eslora, 6 de manga e 1,9 de puntal, realizada a través da combinación dos saberes ancestrais dos carpinteiros de ribeira e da aplicación das novas tecnoloxías a esta actividade artesanal de longa tradición en Galicia. De feito, a nova embarcación conta cun casco de madeira, da cal o 80% é madeira autóctona, no que se aproveitaron os últimos avances no sector da madeira, como é o caso dos epoxis, uns adhesivos de última xeración que facilitan a construción.

A carpintería de ribeira é un dos oficios tradicionais cuxa recuperación e mantemento se está a apoiar dende a Consellería, a través da Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, non só pola súa importancia etnográfica senón tamén porque se trata dunha actividade produtiva e comercial que conta con excelentes perspectivas de cara ao futuro e da man das novas tecnoloxías.

A empresa Asteleiros Triñanes Fernández é un dos trece obradoiros artesanais que quedan en Galicia dedicados á elaboración de embarcacións de madeira en Galicia e que están agrupados na Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), dirixida ao mantemento e recuperación da construción naval en madeira como actividade económica.

Neste sentido, Economía e Industria está a traballar da man de Agalcari co obxectivo de crear un selo de calidade específico para a carpintería de ribeira, unha marca de calidade para a artesanía naval galega, que á súa vez estea integrado na marca Artesanía de Galicia e que contribúa a diferenciar e prestixiar este oficio artesanal.




volver

Hemeroteca: 2007200820092010

Localizador de artesáns
BUSCADOR AVANZADO
mes anterior
Setembro de 2010
mes seguinte
Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
L M M X V S D
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30    
ir á páxina de inicio Artesanía de Galicia