Neste apartado recóllese información turística e de interese das zonas de olaría tradicional que actualmente seguen en activo en Galiza. Proponse un percorrido que mestura puntos de interese turístico, paisaxístico, etnográfico e artesanal.
As zonas que se propoñen son as olarías de Gundivós e de Niñodaguia, nas ribeiras do río Sil; a olaría de Buño e máis a de Bonxe.
O encaixe é unha actividade artesanal que hoxe en día se realiza en todo o país. Con todo, debido á importancia socioeconómica que historicamente tivo o encaixe no oeste da provincia da Coruña, proponse un percorrido por esta zona para coñecer a importancia deste oficio tradicional en Galiza.