Arte e Tradición

Esta publicación recolle a exposición homónima sobre madeira torneada organizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e resultado da sétima edición do Encontro de Torneiros celebrado en Xermade no ano 2007.
"Arte e tradición", formada por 40 pezas seleccionadas polos propios artesáns participantes neste evento, percorreu as diferentes comarcas galegas durante todo o ano 2008. O catálogo recolle o traballo de 22 artesáns, a través das fotografías realizadas polo torneiro Fernando Vérez.
[ Descargar Arte e Tradición ] [5438Kb]