Galego | Castellano
11 / Marzo / 2010

A Fundación

Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño

Entrada do edificio da Fundación

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño está inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego. Segundo se recolle nos seus Estatutos, a Fundación ten como fins a consecución dos seguintes obxectivos:

a) Dotar o sector artesanal de Galicia dos profesionais e técnicos que necesite, mediante unha formación especializada e de perfeccionamento, incidindo especialmente no deseño, na innovación, na aplicación de novas tecnoloxías e na xestión.
b) Potenciar o desenvolvemento económico do colectivo artesanal, asesorando o sector na mellora das súas estruturas e procesos produtivos e comercializadores.
c) Aproveitar a dimensión e o potencial formativo e educativo orientado tanto aos profesionais como ao público en xeral, dando a coñecer os oficios, os seus produtos e informando da súa oferta.
d) Crear un fondo documental que preste soporte a un eficaz, e na actualidade imprescindible, servizo de información e asistencia técnica.
e) Recuperar, documentar e asegurar a pervivencia das actividades artesanais que pola súa tradición ou calidade singulares se consideren parte integrante do patrimonio artesanal de Galicia.
f) Promover a artesanía de Galicia en todas as súas vertentes, poñendo especial énfase na vinculación da actividade artesanal cos hábitos comerciais ao uso, mellorando e promovendo a presenza dos produtos artesanais de Galicia nos mercados.
g) Programar e xestionar as actuacións que dende a administración autonómica se acometan en materia de formación, arquivo, información, investigación e promoción sobre artesanía de Galicia.
h) Mellorar a calidade técnica e artística dos produtos artesáns de Galicia.
i) Dar acollida ás manifestacións máis significativas que mostren o variado mundo da creación artesanal de Galicia.

Os fondos da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño proveñen dos orzamentos da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria.




ir á páxina de inicio FUNDACIÓN CENTRO GALEGO DA ARTESANÍA E DO DESEÑO