Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.
Benvidos á páxina de Artesania de Galicia.
Debido ás pautas artísticas deste portal, a maioría dos contidos son eminentemente gráficos, e
o uso de navegadores non gráficos pode causar que non todas as seccións sean accesibles.
Independentemente desde punto, facilitamos a continuacion o acceso ás principais seccións informativas:
Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.
Documentación
A Xunta de Galicia pon de manifesto o seu compromiso co desenvolvemento do sector artesán xa no ano 1992, no que se publica a Lei de Artesanía de Galicia. A partir dela, o marco legal deste sector foise desenvolvendo con outras actuacións entre as que destaca a creación da marca Artesanía de Galicia, como símbolo e imaxe dos profesionais galegos nos mercados de dentro e de fóra do país.
A Dirección Xeral de Comercio desenvolve unha serie de actuacións no eido da artesanía destinadas a difundila e a revitalizala como sector económico de peso – que xera riqueza e emprego, que supera as fronteiras para comercializar os seus produtos – como elemento de preservación da tradición e da cultura e como reclamo turístico.
Para cumprir con estes obxectivos establece liñas de axuda económica tanto para obradoiros como para asociacións profesionais, apoia a formación continua dos profesionais, a creación de empresas, potencia a innovación e a incorporación do deseño ao sector artesán, a formación continua, a especialización e a actualización dos artesáns, ao tempo que se promove a orientación comercial e a proxección internacional do sector a través da marca Artesanía de Galicia e da súa participación en feiras profesionais de recoñecido prestixio.
Os interesados poderán obter información detallada sobre estas liñas de actuación da Dirección Xeral de Comercio nos apartados dedicados á lexislación, ás axudas e mais ás publicacións institucionais que se poden atopar nesta sección.