Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.
Benvidos á páxina de Artesania de Galicia.
Debido ás pautas artísticas deste portal, a maioría dos contidos son eminentemente gráficos, e
o uso de navegadores non gráficos pode causar que non todas as seccións sean accesibles.
Independentemente desde punto, facilitamos a continuacion o acceso ás principais seccións informativas:
Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.
Cursos de formación
A formación continua dos artesáns profesionais é unha das liñas básicas da estratexia da Fundación na súa tarefa de impulsar o desenvolvemento da nova artesanía galega. Cada ano, a Fundación organiza unha serie de cursos de formación especializados destinados a perfeccionar técnicas de elaboración das diferentes actividades que conforman o sector artesán.
Mellorar a calidade do produto, optimizar o proceso de elaboración artesá e potenciar a rendibilidade da empresa, estimular a innovación, o deseño e a creatividade ao tempo que se preserva e se protexe a tradición, son os obxectivos fundamentais desta iniciativa da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
Esta oferta formativa elabórase en función das demandas que os propios artesáns lle fan chegar á Fundación. Deste xeito, os cursos que se programan son un éxito tanto na participación como na utilidade práctica para os profesionais que asisten.
A través da formación, a Fundación pretende dotar o sector artesanal dunha infraestrutura especializada que contribúa a fortalecer o tecido empresarial e o desenvolvemento económico sustentable do sector da artesanía en Galiza.
Os cursos destínanse preferentemente a artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. A solicitude de inscrición pódese solicitar on line ou nas dependencias da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. As inscricións pódense facer por correo ordinario, por fax – ao número 881999170 – ou por correo electrónico a: centro.artesania@xunta.es O prazo de inscrición finalizará nos 10 días naturais anteriores ao comezo de cada curso, agás no caso dos cursos que fan referencia aos seguintes códigos 1101, 1102, 7001 cuxo prazo rematará o día 3 de maio.
A Fundación precisa coñecer as demandas do sector para as vindeiras ofertas formativas. Por favor, completade o seguinte formulario e facédenolo chegar para que teñamos en conta as vosas suxestións.