Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.

 
  
  

  
Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.
  
  Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria

CONDICIÓNS E TERMOS DE USO DA WEB

Créditos

Este portal foi creado pola S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia baixo a dirección e coordinación da Consellaría de Innovación e Industria-Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

O deseño e programación do portal foi conxuntamente desenvolvido pola empresa Nevian Sistemas, S.L. e a S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

A fotografía contida neste portal procede e é obra dos seguintes organismos e persoas:

  • Arquivo fotográfico da Consellaría de Innovación e Industria.
  • Arquivo fotográfico da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
  • Arquivo fotográfico da S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.
  • Fotografías cedidas pola Fundación Española para la Innovación de la Artesanía.
  • Fotografías remitidas e cedidas polos artesáns, ben como arquivo en soporte informático, ben tomada das súas páxinas web.
  • Manuel González Vicente.

Propiedade intelectual

A Consellaría de Innovación e Industria (Dirección Xeral de Comercio) é titular do dominio de internet, ao igual que dos dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos.

Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos de Artesanía de Galicia.

Cláusula de exención de responsabilidade

O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Consellaría de Innovación e Industria (Dirección Xeral de Comercio) non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado.

A Consellaría de Innovación e Industria (Dirección Xeral de Comercio) non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Consellaría de Innovación e Industria (Dirección Xeral de Comercio) non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.

A Consellaría de Innovación e Industria (Dirección Xeral de Comercio) reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Reprodución

A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.

Contas de correo

A Consellaría de Innovación e Industria (Dirección Xeral de Comercio) non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas. A información obtida a través das contas de correo contidas nestas páxinas ten carácter simplemente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.

Servizo

Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

Recomendacións de acceso

Procurase que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigator, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Internet Explorer, etc.

En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla iguais ou superiores a 1024 x 768 pixels.

Termos de uso

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido a copia, distribución ou uso separadamente do texto ou resto de imaxes que o acompañan, dos gráficos, iconos, logotipos e imaxes dispoñibles neste Sitio Web. Especialmente está prohibido a reprodución e copia do logotipo Artesanía de Galicia por estar protexido pola lexislación vixente en materia de Artesanía, xa que o uso deste distintivo de marca ten que estar autorizado e rexistrado legalmente pola Consellaría de Innovación e Industria (Dirección Xeral de Comercio).

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade, agás que haxa algunha función especificamente comercial inherente a algún servizo da páxina.

O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.

Privacidade

A nosa política de privacidade baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter personal, e no resto da normativa de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informaticamente ou arquivaranse co consentimento do cidadán, que ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que estes sexan exactos e que se utilicen para o fin para que se recollen, coas excepcións previstas na lexislación vixente.


     aviso legal | accesibilidade