Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.
Benvidos á páxina de Artesania de Galicia.
Debido ás pautas artísticas deste portal, a maioría dos contidos son eminentemente gráficos, e
o uso de navegadores non gráficos pode causar que non todas as seccións sean accesibles.
Independentemente desde punto, facilitamos a continuacion o acceso ás principais seccións informativas:
Esta página requiere Flash para su visualización. Disculpe las molestias.
Artesanía de Galicia
Este é o portal oficial de Artesanía de Galicia, unha marca rexistrada propiedade da Dirección Xeral de Comercio da Consellaría de Innovación e Industria, que engloba o conxunto de artesáns e de obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia. Co obxectivo de desenvolver o sector artesán galego, esta dirección xeral válese da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, unha entidade sen ánimo de lucro – dependente tamén da Consellaría – que dende o ano 2003 contribúe a mellorar a rendibilidade das empresas e a incorporar a innovación e das novas tecnoloxías no traballo artesán.
A artesanía atinxe a un amplo grupo de actividades profesionais que reflicten os oficios que tradicionalmente existían en Galicia e que hoxe en día están ligadas ao traballo manual. Os xeitos de traballar a madeira, o coiro, a cerámica ou o vidro foron transmitidos de xeración en xeración respectando as características que son tan singulares como actuais na nosa sociedade.O emprego de materias primas autóctonas fai que conservemos e fomentemos materiais que doutro xeito poderían quedar no esquecemento.
O nulo impacto medioambiental destas actividades, a compatibilidade con outras actividades e , por conseguinte, a facilidade para implantar medidas que concilien a vida laboral e familiar, fan da artesanía un dos sectores que mellor se adaptan á modernidade.
A Lei de Artesanía de Galicia define a actividade artesán como "toda actividade económica que supoña a creación, produción, restauración ou reparación de bens de valor artístico ou popular, así como a prestación de servizos, sempre que estes se presten ou obteñan mediante procesos nos que a intervención persoal constitúe un factor predominante e o produto final sexa de factura individualizada e distinta da propiamente industrial". con esta definición, preténdese protexer o proceso de creación do produto artesán, o seu valor artístico como peza única e personalizada, o seu valor cultural como sinal de identidade e de tradición dun pobo.
O concepto de artesanía está a mudar. Durante moito tempo estivo ligado á elaboración dun determinado tipo de produtos de carácter máis tradicional. Hoxe en día, a artesanía galega está a amosar unha nova imaxe cara ao exterior xa que está a demostrar que, a través dos métodos do traballo artesán tamén é posible crear produtos innovadores cun alto nivel de calidade e de deseño, que poden competir en pé de igualdade en calquera feira profesional.